Sunday 28 de April de 2024

Axenda para a fin de semana en Cariño


Domingo 8 de novembro – 18 horas – Auditorio Municipal – Entrada gratuíta

Teatro do Noroeste: “Da avaricia, a luxuria e morte”.
Podes recoller a túa invitación no Local Social da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2) ata o sábado 7 de novembro.

Espectáculo financiado pola Deputación da Coruña.

Espectáculo para PÚBLICO ADULTO.
Autor: Ramón María del Valle Inclán.
Dirección: Eduardo Alonso.
Elenco: Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Imma António, Miguel Pernas
Músicos: Bernardo Martínez, Felisa Segade e Xan Casas.
Duración: 90 minutos.

“Da Avaricia, a luxuria e a morte” composto polos textos de Valle-Inclán: Ligazón, A Cabeza do Bautista e A rosa de papel.

De xeito inmenso, certeiro e maxistral, Valle-Inclán trenza nas tres obras que configuran este espectáculo os dous únicos motores que moven o mundo humano, a avaricia e a luxuria co seu inevitable tránsito final: a morte. Da singular e poética; “Ligazón” (auto para siluetas), lívida como o vento, pasando pola americana e patriótica “A cabeza do Bautista” (melodrama para marionetas), tallada en terra, até a espectral e contundente “A rosa de papel” (novela macabra), fraguada no lume, todas elas expresadas nunha tradución que é reposición con aceno de canónica.